A persoa que busca traballo parte dunha situación diferente a todas as demais, xa que depende das súas propias capacidades, formación, dispoñibilidade, recursos, aspiracións, etc.
Os principais obxectivos da orientación por tanto, serían:
- -Establecer e determinar os obxectivos do demandante para poder saber qué actuacións convén realizar
- -Explorar as competencias xerais e técnicas
- -Fomentar e potenciar a autonomía do demandante
- -Establecer un plan de traballo inicial para que poida afrontar a busca de emprego.
De este asesoramento individual pode formalizarse a través de unha ou varias entrevistas un IPI, un compromiso entre as dúas partes, orientador e orientado, pero non sempre, posto que o demandante IPI ten que ser aquel que se atopa perdido na busca de emprego e que necesita un acompañamento neste proceso.
Na construción do itinerario faise un proceso cunha serie de intervencións técnicas que van desde a revisión do perfil persoal e profesional e a avaliación do seu potencial de ocupabilidade para facilitarlle unha toma de decisións razoada, construíndose en tres fases:
- -Fase de inicio, na que se elabora o perfil profesional e se concreta o plan de traballo, firmándose o compromiso de actividades.
- -Fase de seguimento, na que o demandante realizará as actividades propostas, cun seguimento por parte do técnico.
- -Fase fin na que o que se busca é a consecución do obxectivo proposto, ou que noutro caso pode dar lugar a abandono ou caducidade do tempo.
Outro dos campos que se abordan dentro do módulo 3 son as técnicas e ferramentas para o acceso ó emprego e ó autoemprego outorgando gran importancia ó currículum vitae e resaltando o modelo da cooperativa como unha boa posibilidade de autoemprego, contando coa presenza do Subdirector Xeral de Traballo e Economía Social e representantes de Cooperativas, que fixeron unha exposición deste modelo.
O director do Igape tamén fixo unha exposición do traballo que esta entidade presta para tentar mellorar o sistema produtivo galego.
Por último e para rematar o módulo Fernando Agulló mostrounos como elaborar un plan de empresa, partindo do estudio do mercado prestando especial importancia ó produto que se vai vender, como se vai vender, a quen se vai vender debendo utilizar o mesmo para decidir se o proxecto é viable ou se é preciso reconducir algún aspecto comercial, produtivo, organizativo ou financieiro, permitindo analizar a situación da empresa ante o mercado real e os competidores e determinar o modelo adecuado para acadar os obxectivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario