jueves, 6 de noviembre de 2014

OBXECTIVO PROFESIONAL



Como orientadora laboral, un dos aspectos que me parece fundamental e ao que procuro prestar especial atención cando teño ante min una persoa desempregada que está tratando de atopar emprego e inserirse no mercado laboral é o de transmitir a importancia que ten comezar o proceso de busca partindo dun obxectivo profesional concreto e definido; punto de partida imprescindible para abordar con éxito a busca de emprego.

 

 Cada persoa ten unhas aptitudes, unhas competencias persoais e profesionais e unhas motivacións que fan que se encamiñe cara una profesión determinada. Ten que ter claro o que está buscando, porque se non, nunca saberá por onde empezar.

A persoa que non sabe o  que busca, non entende o que atopa.

Por obxectivo profesional entendemos a ocupación «ideal» para cada persoa e a partir do que posteriormente se define o proxecto profesional. 
Outra cosa é xa a planificación estratéxica que cada un faga para a consecución dos obxectivos profesionais pero o que si é certo é que canto máis claro se teña o obxectivo profesional máis enerxía se investirá en conseguilo.

A busca de emprego convertese nun reto que pon a proba ás persoas comprobando ata que punto están realmente comprometidas co seu obxectivo.
O tempo que una persoa inviste en definir este obxectivo profesional, e unha inversión que dará os seus froitos nun futuro non moi lonxano xa que aumenta a eficacia de cada paso que se da no mercado laboral.

Ter claro e definido o punto de partida evitará que a persoa se apunte a diferentes ofertas de emprego para as que non cumpre os requisitos e que teña polo tanto unha resposta negativa, provocando así o seu desánimo e desmotivación para continuar coa busca.

 

Afrontar a busca de emprego, estase volvendo cada vez máis difícil polas circunstancias do mercado de traballo actual. É preciso esforzarse cada vez máis para lograr as metas propostas e aínda que contemos con información e ferramentas suficientes para facelo, a maioría das veces, falta o máis importante: a motivación, a gasolina que fai que nos poñamos en marcha.

 

Non atopa emprego a persoa máis preparada, se non a máis resistente.

Tres son as claves fundamentais a ter en conta na busca de emprego:
·         INFORMACIÓN: coñecer todas as formas de buscar.
·         PLANIFICACIÓN: deseñar un plan de traballo e executalo
·         MOTIVACIÓN: Manterse activo a pesar das dificultades

Persoalmente, para min o máis importante é o último xa que si non se ten motivación, de nada serve coñecer as ferramentas e empezar a aplicalas. Mentres que si unha persoa non coñece todas as vías para buscar emprego, nin é moi organizada, si é constante, terá cada vez máis información e mellorará a súa estratexia de busca.

Para lograr o obxectivo profesional e as metas que se establecen na busca de emprego é necesario empregar todos os recursos que se teñan ao alcance pero na maioría das ocasións, esquécense os recursos de tipo interno como a paciencia, o tempo adicado, a confianza nun mesmo, as habilidades sociais, etc.  

Unha carreira non a gaña o que sae primeiro se non o que chega primeiro, e a busca de emprego é unha carreira de fondo e xa que as estatísticas fan referencia a que a media para atopar emprego é de máis dun ano tempo que se incrementa si nos referimos as persoas maiores de 45 anos.

 

A resilencia é a capacidade que temos para recuperarnos dun fracaso e facernos máis fortes. No proceso de busca de emprego as persoas pasan por momentos de decepción, desánimo, cansazo ou negatividade polo que se fai imprescindible que recorden o obxectivo que os move cada día e centrarse máis nas súas posibilidades e recursos tanto externos como internos. Un obxectivo motivador axuda a manterse activo e proactivo no proceso de busca.




No hay comentarios:

Publicar un comentario