jueves, 6 de noviembre de 2014

O IMPORTANTE É ACTUAR




Tense escrito moito das habilidades sociais, establecéndose distintos criterios. A competencia social, capacidade para manter boas relacións con outras persoas, implica dominar as habilidades sociais básicas (comunicativas, respecto polos demáis, compartir e xestionar emocións, comportamento prosocial e cooperación, asertividade, empatía, prevención e resolución de conflictos…).

Tod@s coñecemos estas habilidades e sabemos a importancia que teñen na procura de emprego e no desenvolvemento profesional e persoal.

Ás veces resulta moi complicado poñelas en práctica. Cando asistimos a sesións presenciais nas que un profesional nos fala das emocións, do desenvolvemento das habilidades sociais, do autocoñecemento…, saímos a comer o mundo, cunha enerxía positiva e un estado de ánimo inmellorables.

Pero sucede que no día a día as cousas non dependen soamente de nós, sendo moi difícil escoller as emocións ou a actitude axeitada porque o noso estado de ánimo é consecuencia do que facemos, do que nos pasa, da nosa aprendizaxe e  experiencia vital.

Por iso cómpre  ter conciencia de que a nosa vida e o noso destino dependen de nós, identificar os obstáculos que impiden avanzar, e planificar, redefinir metas.

Para atopar algo é necesario coñecernos a nós mesmos, saber que realmente somos e así poderemos saber o que buscamos.Ser reflexivos, analizar as nosas reaccións, aprender da experiencia, estar aberto á crítica e a novas perspectivas así como á aprendizaxe constante e o autodesenvolvemento.

O segredo está en ter claros os nosos obxectivos e as nosas metas para poder actuar con dedicación, esforzo e resistencia á frustración.



Unha boa planificación pode coadxuvar tamén a que xurda esa motivación que ás veces nos falta, porque a motivación pode ser causa para actuar pero tamén a consecuencia da nosa actuación.O importante é actuar.

No exercizo da orientación é básico axudar a concienciar ao usuario da necesidade de definir o seu obxectivo profesional,  para poder establecer unha meta que o  motive no día a día e non se desvíe destes obxectivos.




Moitas veces cando preguntamos aos nosos orientados polo seu obxectivo profesional  responden:“traballar no que poda, traballar no que me salga”. Estas respostas xeralmente  revelan actitudes reactivas. Adóptase unha actitude pasiva, quedando á deriva e xera unha enerxía negativa e, o que todavía é peor, fai que se desatendan cousas sobre as que sí se pode facer algo.

 Tamén é certo que en épocas de crise como a actual  non se pode escoller pero non por iso, ou por realizar outros traballos temporais, temos que esquecer cal é o noso obxectivo e non loitar por conseguilo.

Sen embargo, as persoas proactivas establecen metas e se anticipan aos feitos con ilusión, imaxinación, paixón e asumindo o risco de equivocarse.

Para poder acadar os nosos obxectivos temos que crer o que facemos, non actuar por inercia ou por facer algo; temos que ter vontade de facelo, querer facelo, non se trata dun simple cumprimento e, finalmente, poder facelo e identificar os obstáculos que impiden avanzar e planificar a nosa actuación.

 Se non arriscamos, innovamos e saímos da nosa zona de confort difícilmente cumpriremos as nosas metas. E para rematar, por se a xogada nos sae mal, recordar a frase que citou o outro día, no Cixug, Fernando Aguilar: “unhas veces se gana e outras…. se aprende!”.       



No hay comentarios:

Publicar un comentario