jueves, 6 de noviembre de 2014

AS TIC ESTÁN AQUÍ E VIÑERON PARA QUEDARSE BY VEVA TOUCEDA



AS TIC ESTÁN AQUÍ


E VIÑERON PARA QUEDARSE








Coa reflexión seguinte, non busco convencer a ninguén, só quero asumir publicamente que nun prazo curto de tempo, cambiei de opinión sobre as TIC



Cada demandante de emprego ten unhas capacidades, actitudes, motivacións, formación, perfís, etc....diferentes. É o orientador quen se atopa na difícil tarefa de entender e atender da mellor maneira posible, a situación na que se atopa cada demandante de emprego que se achega a unha cita cun orientador laboral, tentando acadar unha solución a falta dun emprego.

Para entender e atender ás carencias de cada demandante atopome cunha tarefa nada doada, xa que un problema importante é diferenciar que tipo de información podo darlle a esa persoa, adaptándome á situación actual de cada un.
No momento actual, é moi fácil atopar a xente con moita formación e experiencia profesional ampla e sen emprego, e con perfís profesionais que non damos crédito a que estén nesta situación. E o mesmo tempo, con outro demandante que non ten estudos primarios nin experiencia profesional ou con moi pouca e con ningunha cualificación:

- Cómo farei para adecuarme a estes dous perfís tan diferentes?
- Podo actuar e informar aos dous casos da mesma maneira?
- Cando sei que estou actuando da forma máis axeitada?
- Sei si o demandante está entendendome?
- Hai os mesmos recursos en todos os concellos?
- Oriento igual nun concello do rural que nun urbano?
- Teño as mesmas oportunidades nun pobo que nunha cidade?
- As ferramentas que utilizo son as mesmas nos dous casos?

Estas preguntas e moitas máis, son as que teño e debo facerme como profesional do emprego. As veces penso que por levar anos facendo un traballo, instalada na comodidade e crendo saber todo o que teño que saber, e eso non é así, reciclarme e seguir apendendo é o que debo facer. Unha gran parte dos inconvintes que atopo o querer solucionar os problemas derivados das diferentes situacións, podense minimizar utilizando as novas tecnoloxías, que son as que verdadeiramente nos poñen a todos coas mesmas ferramentas de cara a búsqueda de emprego. Todos podemos utilizalas.

Son reacia as novas tecnoloxías, e o vexo polas continuas queixas que fixemos, facemos e faremos o longo do curso, eu a primeira, que moitos compañeiros/as pensan parecido a min.

Creo que a forma e o fondo da orientación ten que cambiar e ten que poñerse o día, o de entregar o curriculo en papel....,na man.....,nunha empresa.......,nuha ETT... acabou, rematou ou polo menos evolucionou. A Ley de Protección de Datos xa non ve adecuada esta practica. Polo menos en empresas de certa entidade, a búsqueda de emprego ampliouse de tal maneira que é moi fácil que nos quedemos atascadas no inmovilismo e en negarnos a evolucionar.


Esta reflexión que fago en alto, a viva voz, a fago para min mesma, xa que eu son unha desas persoas que lle ten alerxia ás TIC, e non se leva moi ben con elas, incluso son das que non lles dei moitas oportunidades...pero.... despois deste curso, e despois de varios casos que ocurriron estes dous últimos meses na miña familia, que xa é casualidade, fixeron que entendera que sin elas, tería dous sobriños neste momento sen emprego, pero están currando, grazas a búsqueda a través das redes sociais, despois de facer entrevistas através de skype, e de participar en chats profesionais. Polo tanto só teño que rendirme a evidencia as TIC están aquí e viñeron para quedarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario