miércoles, 5 de noviembre de 2014

AXENCIAS DE COLOCACIÓN E ETT

DIFERENCIAS E SEMILITUDES ENTRE AXENCIAS DE COLOCACIÓN E ETT



¿Qué é unha axencia de colocación?

Calquera entidad pública ou privada con o sen ánimo de lucro que en coordinación, ou colaboración co servicio público de emprego correspondente realicen actividades de INTERMEDIACIÓN LABORAL que teñan como finalidade proporcionar as persoas traballadoras un emprego axeitado as súas características e facilitar os empreadores as persoas traballadoras máis apropiadas os seus requerimientos e necesidades.
As Empresas de traballo temporal tamén poderán actuar como Axencias de Colocación cando cumpran os requisitos e firmen un convenio de colaboración co SEPE e ofreza os servicios gratuitamente.
Poderán convertirse en Axencias de Colocación tanto unha ETT, como un bufete de abogados, como un profesional independente, como un Concello.
Sen embargo as accións que realicen como Axencias de Colocación serán de balde e terán que pedir autorización.

¿Qué é unha ETT?

Aquela que realiza labores de intermediación laboral entre ofertantes e demandantes de emprego, ata aquí coincide co SEPE e Axencias de colocación pero as diferencias básicas son:

  • AS AXENCIAS DE COLOCACIÓN NON CONTRATAN POR SI MESMAS OS TRABALLADORES SELECCIONADOS. EN CAMBIO, AS ETT SI E OS CEDEN AS EMPRESAS INTERESADAS, MEDIANTE UN CONTRATO DE POSTA A DISPOSICIÓN.
  • AS AXENCIAS DE COLOCACIÓN ACTÚAN DE BALDE MENTRES AS ETT NON.
As empresas de Recolocación son Axencias de colocación especializadas, ocúpanse de reinsertar laboralmente as persoas que tras un ERE ou outro proceso de reestructuración empresarial, quedaron como excedentes.
É necesario ca empresa que realizou o ERE tivese pactado por convenio este tipo de accións.

RUMBO AL EXITO.jpg


AS FUNCIÓNS das Axencias de colocación son:

  • Estudos de mercado
  • Puntos de información
  • Accións de Orientación Laboral
  • Formación profesional
  • INTERMEDIARIOS entre a demanda e a oferta de emprego.

As Axencias de colocación reciben das empresas, solicitudes de man de obra, por outro lado os cidadáns lle fan chegar solicitudes de emprego. A partir de aquí as Axencias seleccionan os candidatos que máis se axustan as necesidades da empresa.
Tras isto, ofrecen a empresa o grupo de candidatos máis axeitado, e será a propia empresa quen decida cal é a súa media naranxa.

A colaboración entre o SEPE e As Axencias de colocación

  1. Os dous comparten información a través da rede. O SEPE crea un espazo telemático onde se realiza a posta en común da información. A finalidade é alixerar as listas de desempregados.
  2. As axencias de colocación autorizadas traballan en coordinación ou cooperación co SEPE.

As axencias de colocación poden recibir finnciación do SEPE sempre que firmen un convenio de colaboración e obteñan bos resultados. Deben rendir e ser eficaces.
As Axencias que sexan entidades en busca de beneficios terán que facer como mínimo o 40% da súa actividade con fondos que non proveñan da financiación pública. Pola contra, para as entidades que non buscan o beneficio económico ese porcentaxe baixa o 10%.



As axencias de colocación son unha oportunidade que non debemos despreciar, especialmente agora en tempos de crise e escasez de empleos porque axudan a atopar traballo a quen no o ten e representan unha alternativa para algunhas empresas que están en dificultades económicas.
Trátase de “Reinventarse”, e dicir, pode dedicar parte dos seus recursos a actuar como Axencia de colocación, ademáis de axudar os demáis, pode ser colaboradora do SEPE e recibir unha financiación por dita actividade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario