miércoles, 8 de octubre de 2014




REFLEXIÓN INDIVIDUAL- MARCO CONCEPTUAL MÓDULO 1


A temática desenvolvida ó longo do módulo 1 fai diversas paradas en temas importantes que cómpre coñecer de cara á posta en práctica do traballo diario da orientación laboral, é unha toma de contacto co mundo laboral.

Comeza o módulo aproximándonos ós servizos públicos a nivel estatal e autonómico  que desenrolan as distintas políticas de emprego, do que destacaría a intervención da Xefa do Servizo de Orientación pola súa clara exposición de cómo funciona o SPEG, con esquemas e organigramas moi aclaratorios, e coas función deste organismo moi ben presentadas definindo moi ben os tipos de axudas e servizos que presta.
Neste primeiro tema tamén se presenta o marco legal no que se basean as políticas de emprego en España e en Europa, e en que medida inflúen as directrices marcadas desde o continente hacia ó noso Estado.

Pero todo este primeiro tema depende moi directamente do segundo, é como o continente e o contido, no que se trata a situación do mercado laboral dun xeitopara o meu entender moi ordenado e cos conceptos moi claros, nos que se estudian os tipos de paro, as causas, os indicadores, as correntes do equilibrio do mercado, etc. Valoro moi positivamente que neste tema, en certo modo bastante complexo se aportasen moitas definicións de conceptos que axudan en grande medida a comprender o tema así como o feito de incluir nestas  unha serie de ilustracións moi cercanas e moi simpáticas, por certo.
E neste intre en que o mercado laboral non está precisamente para grandes  festas, é o momento no que máis trascendencia teñen as políticas de emprego mencionadas no tema primeiro, é dicir que hai que porse a traballar para facer que esas políticas cheguen ós nosos usuarios.
Para facilitar ó acceso a este mercado laboral actual cómpre ter moi en conta a cualificación profesional dos traballadores que desexan acceder ó mesmo.
Neste senso o que máis relevante me resulta do tema 3 é a complementariedade entre as vías de acceso ás cualificacións profesionais a través da Formación Profesional, a formación para o emprego  e a novidosa acreditación a través da experiencia. Esta complementariedade é moito máis acorde coa realidade actual e semella coma se por fin se houbesen posto de acordo as vías de acceso para acadar obxectivos comúns. 


Destacaría o relatorio de Dna Elena González de la Cámara, xa que contén moita  información valiosísima  sobre as cualificacións e que resulta case imprescindible hoxe en día para entender as actualizacións que se producen como consecuencia desa interacción ou complementariedade entre as diferentes vías.


No tema 4 retomamos de novo o mercado laboral, centrándonos xa no que Europa nos ofrece a través da rede Eures e as políticas sociais e de emprego Europeas e o seu financiamento.  Resulta especialmente interesante o tratamento que se fai neste tema relativo ós dereitos dos traballadores e as peculiaridades dos traballadores transfronteirizos, fenómeno que vivimos moi de cerca co país portugués.

Resultado de imagen de emprendimiento
E, especialmente interesante me resulta o tema 5. Destaco o relatorio de D Fernando Agulló sobre a iniciativa emprendedora como camiño cara  o mercado laboral, no que me chamou a atención sobre todo a explicación tan clara que nos leva a coñecer as razóns que conducen á maior parte dos emprendedores de hoxe a ese punto, baseadas na crise económica, e a decatarnos de que o emprendedor actual é na maior parte dos casos unha víctima desta crise, que pode chegar moi lonxe cun elaborado plan de empresa, incidindo moito na importancia deste. De tódolos xeitos, aínda estando de acordo con este perfil que explicaba Fernando, a miña experiencia profesional no día a día con este tipo de colectivo que perdeu o seu traballo e que pensa na posibilidade de levar a cabo unha idea, (unha idea que incluso tiña antes da crise) atópase co  problema das grandes  se dificultades de financiación do proxecto, que na maioría dos casos chega tarde ou incluso non chega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario