Mostrando entradas con la etiqueta SUSANA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SUSANA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de octubre de 2014

REFLEXIÓN MÓDULO 2

Ó longo deste módulo faise un percorrido polo proceso de orientación laboral destacando as habilidades e competencias que debe posuír o orientador para o desenvolvemento dun proceso moito máis complexo do que semella, e converterse nun verdadeiro coaching do desempregado.


Resultado de imagen de motivaciónPero, ¿por qué neste momento é tan necesario este proceso? Coido que pode deberse ó bloqueo que  provoca o actual contexto socioeconómico. 
As persoas teñen a necesidade de centrar os seus esforzos e invertir o seu tempo en “algo” que teña un resultado positivo, é dicir, en atopar un traballo, e descoidan o verdadeiro proceso que todos temos a capacidade de realizar: definir os nosos obxectivos para determinar as competencias (técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas) que precisamos realizando as accións necesarias para aumentar a nosa empregabilidade e ocupabilidade e adaptarnos ás novas esixencias que require o mundo do traballo.


Este proceso que sempre realizamos dun xeito espontáneo, podía requerir nalgún momento determinado a axuda profesional, pero parece que no momento actual é algo obrigatorio para inserirse no mundo laboral. Polo tanto, a tarefa do orientador é basicamente devolver ós desempregados a motivación para volver a crer nun mesmo, fomentando a proactividade, a aprendizaxe e se é preciso o cambio persoal.

Qué pode facer o orientador neste proceso? Axudar no ámbito laboral ás persoas que o precisen para potenciar o desenvolvemento profesional para unha toma de decisión propia para un óptimo aproveitamento dos seus recursos en relación ó emprego. Este é o paradigma que emprega actualmente a Xunta de Galicia que virou considerablemente con respecto ó modelo anterior consistente en determinar as carencias e problemas, atopando a solución e ensinando ou mostrando á persoa o que debía facer acadando un perfil de buscador/conseguidor de emprego.

Esto é moi importante xa que as circunstancias actuais provocan que as persoas acudan á orientación laboral esperando un buscador/conseguidor de emprego e o que lles temos que devolver como orientadores é o proceso para  a realización da acción, incidindo no positivo e ampliando as conductas eficaces no lugar de ensinar a realizar accións.

Para acadar estes obxectivos o orientador debe procurar unhas habilidades comunicativas e sociais fundamentais: 


  • Para que a comunicación sexa eficaz o orientador debe coidar a comunicación poñendo especial atención ás barreiras de comunicación, empregando técnicas de comunicación eficaz e adaptándoas ó interlocutor, procurando unha escoita activa para asegurarse de que a mensaxe chegue correctamente e sen interferencias prestando moita atención á sincronía entre a comunicación verbal e non verbal.
  • Con respecto ás habilidades sociais é fundamental que o orientador sexa capaz de empatizar, xestionar as situacións dun xeito asertivo, manexar os conflitos axeitadamente, para esto debe ter un alto coñecemento de sí mesmo, definindo cales son os seus puntos fortes e eixes de mellora, metas, valores, prexuízos, cómo lle afectan as situacións emocionais propias e dos demais.

De todas as habilidades necesarias coido que as habilidades comunicativas son as máis doadas de mellorar. Cun bo entrenamento todos podemos traballar actitudes e conductas que manifestamos e que dificultan os procesos comunicativos. Nembargantes as habilidades sociais aínda que son entrenables teñen máis relación con aspectos da personalidade e estilos actitudinais, polo que para producir cambios importantes cómpre realizar un traballo máis profundo que non todas as persoas están dispostas a realizar. Posiblemente sería un aspecto a ter en conta á hora de realizar a selección de persoal de orientación, algo que non está contemplado na administración pública.

A pesar da ilusión que normalmente mostran e os esforzos que realizan as persoas que traballan en orientación laboral quero destacar que é unha actividade que considero está sendo desvirtuada pola administración. Por un lado o paradigma no que se basea e do que xa falei dirixe a orientación a un proceso voluntario, que solicitan os usuarios porque detectan esa necesidade e por outra banda a administración pon en marcha programas nos que as prestacións están vinculadas a accións de orientación, RAI, PRODI, PREPARA co que o proceso é obrigatorio perdendo a súa esencia.




Para o desenvolvemento  deste proceso de orientación, na actualidade dado o avance das novas tecnoloxías e o gran papel que xogan,  cómpre desenvolver as competencias dixitais neste campo xa que son unha ferramenta facilitadora e indispensable na procura de emprego que nos permite obter moita informacion axeitada, ordenala e utilizala axeitadamente.

martes, 28 de octubre de 2014

A Curación de contidos



A curación de contidos pódese realizar empregando entre outras a ferramenta Feedly. Trátase dunha ferramenta que nos permite facer unha curación e deste xeito evitar perder o tempo con contidos que non sempre son os que máis nos interesan.


La gestión y curación de contenidos es clave para la innovación y la competitividad de la PYME 2.0 

Trátase dunha especie de revista personalizada que se vai enchendo das fontes que nós previamente temos seleccionadas e que son do noso interese, organizando a información por categorías, permitíndonos aforrar unha grande cantidade de tempo.





Ata agora esta función era acometida por google Reader que desapareceu o ano pasado, deixando paso a esta nova ferramenta, aínda que non é a única que ten encomendada esta función. Temos por exemplo outras ferramentas como scoop.it! ou curate.me.








Pero coa curación aparte das ferramentas que a fan posible, aparece unha nova figura como é o “curador de contidos, un novo profisional que busca, atopa, organiza e comparte infomación sobre un tema específico proporcionando ó lector a súa visión sobre o tema, converténdose así nun experto nas temáticas sobre as que traballa, sendo o seu campo máis aproveitable o da formación.

Desde logo paréceme interesante esta ferramenta  posto que actúa e se comporta coma un coador, que só deixa pasar o que nós lle permitimos, pero sen ter que permanecer vixiantes, posto que preseleccionando os nosos intereses acadamos un rendemento óptimo aforrando o noso valioso tempo.

Captura do meu espazo Feedly: